Moito teño escoitado falar ultimamente da independencia dos movementos sociais. En canto unha determinada plataforma, organización ou colectivo cívico empeza a coller certa forza, comezan a proliferar as voces disidentes que critican a progresiva asimilación do movemento por parte dun partido ou organización política. Pasou con Nunca Máis!, coa plataforma Non á Guerra, cós CAF ou coas Asembleas de Estudantes. Pero eu pregúntome..
Que ven sendo iso da "independencia dos movementos sociais"?
Poderiámolo definir como a autoorganización da sociedade civil lonxe da tutela de organizacións políticas. Porén, a experiencia demóstranos que isto non é outra cousa que unha quimera. Hai unha serie de movementos e colectivos nos que o seus integrantes adoitan ter un certo compromiso político e que comulgan en maior ou menor medida cun determinado partido ou organización. Esta tendencia vése reflectida na liña ideolóxica do propio colectivo. Poñendo exemplos reais, podemos ver a semellanza programática que teñen a CIG ou os CAF có BNG.
Por outra parte, tamén cómpre sinalar que os militantes dunha organización política, tenden a afiliarse aos mesmos col
ect
ivos, xa que é un xeito de estender a forza e a ideoloxía do propio partido. Continuando có exemplo de antes, podemos ver como moitos militantes do BNG e de Galiza Nova participan tamén nos CAF e na CIG, e como estas organizacións poden servir á súa vez de ponte para entrar no BNG.A experiencia tamén nos demostra como os dirixentes políticos adoitan copar os cargos máis importantes dos movementos e colectivos nos que participan. Con todo, é algo que non nos debe extrañar, xa que poderiamos dicir que é unha tendencia natural. Unha persoa "curtida" na acción política terá unha maior capacidade de dirección e ocupará sempre os cargos de maior responsabilidade.
Con isto quero dicir que hai unha serie de movementos (sindical, estudantil, xuvenil...) que tenden a politizarse e rematan asociados a algún partido ou organización. É un trazo que por moito que queiramos, non poderemos evitar, pero que ten consecuencias moi positivas, xa que esa "simbiose" en moitas ocasións permite que os movementos pervivan, nutríndose de militantes e simpatizantes das organizacións políticas.
Pero o máis criticado polos amigos da "independencia dos movementos sociais", é que nas reunións das organizacións políticas, se decidan as posturas dos colectivos cívicos. Isto tamén é algo normal e inevitábel. Parémonos a reflexionar. Se un partido participa activamente nunha asociación, é lóxico que decidan unha postura común. Até hai ningún problema. Pero claro, como teñan a maioría...daquela chámaselle dirixismo.
Etiquetas: Movementos sociais, Nacionalismo
14 Comments:
Subscribe to:
Enviar feedback (Atom)
O problema non é que os membros dun colectivo ou organización militen nun determinado partido, senón que a pertenza a ese partido condicione a súa actuación, sobre todo cando son a maioría.
No xogo de maiorías e minorías a primeira non pode imporse e facer e desfacer ó seu antollo sen contar co resto e criminar ó contrario. Por que? Porque impide o traballo dos demais, vicia a vida interna e converte a organización nunha simple correa de transmisión, obrigando ós militantes que non concordan a abandonar. Iso é o fai a UPG, e o que fai Primeira Linha. Chámase dirixismo.
Foi así como a UPG converteu organización vivas e activas como ADEGA ou a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) en fósiles que editan revistas. Só abren a boca cando interesa. Non son organización nas que a militancia participe activamente indepentementa da súa afiliación, senón chiringuitos onde todo ben marcado desde arriva ou desde o local dun partido.
Non se trata de obviar a realidade de que os militantes máis activos dos partidos soen (non sempre) estar en colectivos determinados e viceversa, senón conseguir que a militancia nun partido non condicione a vida interna e permita a pluralidade e autonomía destes.
Se queres unha explicación mellor tela en Reconstruyendo la izquierda, Parte III: El nuevo instrumento político, de Marta Harnecker
Ai, canto temo por Causa Galiza... (e sería unha mágoa)
Saúde
No tocante ó teu post, persoalmente estou bastante de acordo con Lord of the soviets.
Moito ánimo para o curso que comenza.
En primeiro lugar dis que "o problema non é que os membros dun colectivo ou organización militen nun determinado partido, senón que a pertenza a ese partido condicione a súa actuación, sobre todo cando son a maioría". Discrepo totalmente neste punto. Par min a pertenza a un determinado partido ou organización TEN QUE CONDICIONAR necesariamente a actividade nos movementos socias. Coido que o partido debe decidir cal será a actuación dos seus militantes en determinados colectivos nos que participen. Vexo importante manter unha postura unitaria có fin de aumenta-la presenza e a influencia da propia organización na sociedade.
Nun segundo lugar, criticas que a corrente dominante (vinculada a un partido) impoña as súas decisións amparándose na súa condición de maioría e sen ter en conta as opinións dos demáis. Neste caso gustaríame facer un par de puntualizacións.
1) Supoño que te referirás a calquera tipo de maioría, non só a vinculada a un partido. Como ben saberás, calquera tipo de colectivo é susceptíbel a que se creen fraccións.
2)Coido que un partido que pretenda aumentar a súa presenza nos movementos sociais, e que estos sirvan como medio para acada-los seus obxectivos, debe de manter unha certa hexemonía. Esto non quere dicir que non respete as opinións dos demais, ao contrario. Ten que facer todo o posíbel por integrar a toda a organización nunha posición semellante á do partido, aínda que para isto haxa que facer concesión. Para min é un erro político provocar enfrontamentos entre maioría e minoría. Débese de integrar ás minorías dentro do posíbel. Deste xeito aseguras un bo ambiente de traballo e á súa vez consigues os obxectivos desexados.
Cando falas do papel da UPG en colectivos como ADEGA ou a SGHN
, douche a razón. Eu creo que hai que diferenzar dous xeitos de traballar nos movementos sociais.
1º) O propio de organizacións altamente politizadas (sindicatos, movementos de estudantes) no que hai que facer que TODO o partido milite neles, defendendo unha postura común e actuando do xeito que expliquei arriba.
2º) En movementos socias pouco ou nada politizados, debemos asegurar a presenza do partido, pero non dun xeito hexemónico. Hai que instar aos militantes a que participen activamente nas organizacións da sociedade civil, e que constantemente estén transmitindo a opinión do partido. Deste xeito, pular porque a lingua vehicular do colectivo sexa o galego, pode ser un xeito de transmitir parte da ideoloxía nacionalista. Un militante debe ser sempre coherente coas posturas do partido, e desempeñar un papel moi activo nos movementos sociais.
Creo que con este comentario complemento o xa dito no post
Saúde e Terra
Um movimento social nom é umha correia de transmissom, que é como os entendes tu. Parasitando os movimentos nom aumentas a tua influência na sociedade, simplesmente afogas o movimento e rematas com el. ADEGA só é um de tantos exemplos.
Dís que "parasitando" os movementos sociais o que fas é afogalos. Non o creo. Fíxate en ERGA, por exemplo. Máis dirixismo que neste caso non sei onde haberíá. A Manuel Mera (hoxe do MpB)envíaoo a UPG para organiza-lo movemento estudantil. Un tío que non era estudante! E os resulados xa os coñeces, en dous anos 1000 persoas nunha Asemblea Nacional. Dirixido todo, obviamente, pola UPG.
A respeito de ERGA, lembra que se desfixo dela quando deixou de ser util, por muito que diga a historiografia oficial.
E por favor, cambia de tema, que estou a coincidir en demasiadas coisas com o Espanholito.
Claro que ERGA se desfixo cando xa non era necesaria. Ten en conta que naceu nun momento no que o nacionalismo maioritario era o marxista (UPG)e que eran unha organización puramente revolucionaria. Unha vez creado o BNG e có tema da casa común e todo iso, ERGA fóronse diluíndo nos CAF, organización que, ao igual que o bloque, serven para aglutinar.
Tranquilo que mañá cambio de tema que se conmemora a morte de Jonhy Ramone e iso merece un post. Aínda que claro que te pareces a Españolito. Jipis-comeflores os dous
XD
QUER NOM!!
LIGA EM ESPANHOL!!!
saudos
Huas, huas, retrnaca nacional-popular
(Aplausos)