25 de xullo, Día da Patria Galega

Onte foi 25 de xullo, Día da Patria Galega. É tempo de lembrar que Galiza é unha nación e que como tal ten dereito á autodeterminación, de resaltar o papel do nacionalismo como movemento popular e transformador. Pero sobre todo, é tempo de non dar ao esquencemento, que diría Pondal. Debemos manter sempre presente nas nosas mentes, que a loita pola liberación nacional e social da Galiza, é unha carreira de fondo, na que todas e todos debemos participar. Acadar forza nas institucións ou un estatuto de nación, non son máis que pasos insignificantes para a nosa loita. Porén, hai xente que semella crer que esta é a causa última do nacionalismo, polo que non debemos dar ao esquencemento o noso obxectivo final.



7 Comments:

  1. amarante said...
    E cal é o noso obxectivo final??

    (ironía)
    Xan Guindán said...
    Creo que se ve na foto, de feito, escollín esta porque ao carón da pancarta de autodeterminación hai unha bandeira vermella, símbolo da loita obreira.

    AUTODETERMINACIÓN E SOCIALISMO (de verdade)
    amarante said...
    Pos moito SOCIALISMO "de verdade". Q queres dicir, que o meu socialismo non é "de verdade". Cal é o real pois?
    Xan Guindán said...
    Obviamente o socialismo marxista
    Grissom said...
    jiji...falando coma Marx...ken falaba coma Marx? ti ou eu? non recordo esa conversación!
    o 25 é tb o día no q hai demostracións de baile galego (para o q non o saiba). En certa maneira é outro modo de demostrar q somos un pobo con tradición?? nn sei, igual si. Pero eu nn sn a q entende tanto de política.
    E por akí pasarn casi 3000 persoas?
    Sen palabras....
    Xan Guindán said...
    Ti dicías que eras coma Marx, lémbrome desa conversa.

    O baile galego e unha mostra da cultura popular.

    3000 persoas...dende o 5 de marzo. Este blogue leva aberto dende 2005 así que imaxínate canta xente pasou por aquí. xD
    Anónimo said...
    Son BEN SENMEDO, visitade a miña páxina:

    http://bensenmedo.blogspot.com

    Desculpade a baixa calidade das grabacións pero podedes imaxinar que non hai máis medios neste mundo de dereitas de merda.

    A ver se empezo a dar concertos xa no Revolta de Vigo, estou intentando falar con eles para comezar.

    Se queredes escoitar a única canción que teño máis ou menos ven grabada entrade nesta páxina:

    http://boomp3.com/listen/fcq6ik7/bien-sinmiedo-a

    BEN SENMEDO

Post a Comment



Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column