Había xa moito tempo que non puña unha entrada musical, polo que creo que xa vai sendo hora. O grupo de que vou falar é Banda Bassotti, uns italianos que fan unha mestura de Ska, Punk e Oi! e que teñen unhas letras moi politizadas.
Un pouco de historia
Banda Bassotti nace en 1981, da man dun grupo de rapaces que, nuns talleres de Roma, inician actividades de solidariedade coa loita dos pobos nicaraguense, salvadoreño, palestino e vasco.
En 1989 pásanse á música, tocando en espazos ocupados e en manifestacións.
En 1992, publican o seu primerio disco, Balla e Difendi (Baila e Defende), xunto con outros grupos esquerdistas de Roma. Neste mesmo ano, tamén sae á rúa o seu primeiro LP en solitario: Figli della Stessa Rabbia (Fillos da mesma Rabia).
Foi a raíz deste disco cando comezou a súa proxección internacional, chegando a obter unha certa fama en España e moita máis en Euskal Herria, onde tocaron xunto a grupos da esquerda independentista, principalmente con Negu Gorriak, cós que chegaron a facer varias xiras xuntos, en Euskadi, Italia e El Salvador.

Discografía - Banda Bassotti
16 Comments:
Subscribe to:
Enviar feedback (Atom)

De todos os xeitos no meu círculo de amizades sempre foi referente banda bassotti!
Coas súas letras fundamos, aló polo ano 2001, un colectivo antiglobalización chamado Terra de ninguén. Foi o meu primeiro contacto serio coa política. Quizais por iso lle teña cariño!!
se me deran un euro cada vez q me ofrecen un pin...
Menos mal que non teño que darche un € cada vez que che ofrezo un pin, xD
bueno, eso sería a primeira cousa q farías q en vez de restar puntos sumaríaos...sería raro e todo..
Perdón por ser un dos instigadores do enfrontamento co "españolito", que parece que a cousa vai demasiado lonxe. Se hai hostias non dudes en chamar.xDDDD
Dew
E gañarías un € máis posto que eu son tamén unha inculta musicalmete falando jajaja. Pero, prefiro Gothard!
GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
Pero pronto estarás para dar jerra e plasmar as tuas opinions como tan ben sabes ti!
Mil bicos da tua compi a enxebre e moito ánimo =:)
P.D. Hoxe expuxemos en publisidá; tiña unha pepsi para ti,joo, para q non beberas coca-cola por un dia,jejeje.
Agora en sério: millóra-te que (deussss, non acredito que dicir isto) se te bota de menos a ti e as tuas férreas defensas das tuas opinións políticas. Non en ván es, mália as nosas diferenzas ideolóxicas coxunturais, unha das persoas politicamente máis lúcidas que teño coñecido.
Moita saude e pátria!
un biquiño
patri, eva e finta
tan aki o resto de compañeiras (Iria, maria, tania, miriam e mary..)q salen oxe akí con nós e mándanche outro. Tomarems 1copa a túa salú no a vante (ou dúas), jeje
PD: e aora pa votar?? jeje
bicos...e unha patada!
pois nada, unha vez máis, mellórate!
(q xa levo tmpo sen ir a bastos...ir andando por galeras xa non é o mesmo)
ale un bico
pekena alusión a vós no meu blog
nn mola tanto coma a de coki, pero de min saíu a idea..conste!
veña, bo vran