Últimamente, cando prendemos o televisor ou lemos a sección de internacional de calquer xornal, vemos algunha noticia referente a América latina. Folgas, manifestacións e eleccións copan toda a información que chega deste continente. Pero...¿que está a ocorrer? ¿Por que aparecen en escea líderes dos que nunca oiramos falar? ¿por que volven a ser habituais palabras como nacionalización ou socialismo? A esquerda está renacendo. Lula en Brasil, Chávez en Venezuela, Castro en Cuba, Evo Morales en Bolivia e agora Bachelet en Chile. Todos eles loitan por que o pobo de América latina abandone o estado de pobreza e inxustiza que lles impuxeron fai máis de cincocentos anos. Chegou a hora do cambio. Chegou a época de America latina.
Etiquetas: América Latina, Esquerda
O outro día chegou ás miñas mans un disco de King Diamond chamado The Puppet Master. Eu xa oira falar del, pero nunca tivera o pracer de escoitalo. Impresionante. Que voz, que coros, que guitarras...Un disco que é a ledicia de tódolos amantes do heavy metal. Estos satánicos daneses conseguen introducirte nunha atmosfera oscura e sinistra que te engaiola e da que é imposíbel fuxir. Cabe destacar sobre todo as cancións de "Blue Eyes" e "Christmas", que son simplemente brilantes. Xa tentarei convencer ao Pobreloko para que poña algunha delas.
Espero que vos guste.
Ola amigos, onte chegou ás miñas mans un disco chamado A Change of Seasons, de Dream Theater. Trátase dun album de Progresive Metal no que se inclúen varias versións de grandes clásicos como Pink Floyd, Led Zeppelin ou Queen; e máis unha canción propia do grupo (Change of Seasons). Eu xa oira falar do virtusismo destes músicos estadounidenses, pero ao escoitalos pareceume que tódalas loubanzas se quedan curtas. Xa intentarei de convencer ao Pobreloko para que poñe un tema deles na Radio. Mentres, se tedes a oportunidade de escoitalos, non a malgastedes.
Gran discurso do Premio Nobel de literatura, Harold Pinter
0 Voces ceibes Falou Xan Guindán ás 20:58Ola amigos,
¿Coñecedes a Harold Pinter? É un escritor británico que este ano gañou o premio Nobel de literatura. Por problemas de saúde non puido ir a recollelo, pero enviou un video co seu discurso grabado. É curioso, eu non o vin en ningún dos grandes medios de comunicación. Da que pensar ¿ou non?
Podedes lelo aquí http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=46427
Etiquetas: Outras cousas
Saudos camaradas. Quería informarvos da existencia desta páxina de bibliografía marxista (http://www.marxists.org). Nela poderedes atopar as obras máis significativas dos grandes pensadores revolucionarios da historia. Está dispoñíbel nunha gran variedade de idiomas, lamentabelmente, non en galego. A pesar de todo espero que vos guste.
Etiquetas: Marxismo