A organización estudantil Comités Abertos de Facultades (CAF), organiza un magosto-concerto o vindeiro día xoves 30 de novembro. O acto, que terá lugar na praza Rodríguez Cadarso (detrás da Alamenda), iniciarase ás 20:00 por medio de xogos populares. Xa nas 22:00 comezará un concerto no que actuarán O Leio (versións de cancións protesta galego-portuguesas), Som do Galpom (funki-reggae-rap) e Leo e Arremecaghoná (cantor punk). As castañas serán de balde, e a bebida será barata. Convídovos a todos a que veñades.
Etiquetas: Comités, Universidade
A plataforma Rúa Fraga Non, convocou no día de onte unha concetración na compostelá praza do Toural. Con ela, pretendían canalizar o rexeitamento da cidadanía á idea do alcalde Xosé Antonio Sánchez Bugallo de adicarlle unha rúa a Manuel Fraga Iribarne. Ao berro de "Fraga, a rúa non é túa", e "Rúa Fraga Non", os manifestantes, pertencentes á maior parte de grupos da esquerda compostelá, concentráronse de maneira pacífica durante aproximandament corenta minutos.
A plataforma considera que a figura de Fraga Iribarne, non é merecedora de ocupar un espazo nas rúas compostelás polos seguintes motivos:
1º) Hai que diferenciar entre o que significa un respecto institucional mentres ocupou a presidencia da Xunta do feito de que no nome dunha cidade se lle rinda homenaxe a unha persoa que non conta co apoio dunha boa parte da cidadanía.
2º) A avaliación da xestión do Sr. Fraga durante os anos que ocupou a presidencia da Xunta é claramente negativa para Galiza e discutida por amplos sectores sociais. Mentres que o Estado español medraba en desenvolvimento económico,Galiza afundíase nos principais indicadores socioeconómicos.
3º) O Sr. Fraga é senador do Partido Popular e, polo tanto, semella inapropiado neste momento que se lle homenaxee a un político en activo claramente vinculado a unha opción partidaria concreta.
4º) O Sr. Fraga Iribarne fixo parte destacada das decisións máis claramente antidemocráticas do goberno fascista de Franco. Sendo ministro de Información e Turismo, asinou colectivamente, en Consello de Ministros, a execución de Julián Grimau e foi o encargado de contrarrestar propagandisticamente o acontecido, como tamén sucedería durante o Proceso de Burgos. Outra proba do seu papel principal na dirección do aparato de censura de Franco foi a condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe El pensamiento político de Castelao.
5º) Por todo isto e porque nun momento como o actual, declarado Ano da Memoria, no que se está traballando para restituír a verdade sobre a represión que padeceu o pobo galego após o golpe militar franquista, entendemos que a nomenclatura das rúas nas que vivimos deben axudar a construír unha conciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos e dos pobos, así como a restaurar a figura dos que representaron e defenderon os verdadeiros valores da democracia, do progreso e da igualdade.
Etiquetas: Movementos sociais
MEMORIA DA LIBERDADE: represión e resistencia en Galiza (1936 - 1977)
0 Voces ceibes Falou Xan Guindán ás 18:42Entre o día 3 de novembro e o 31 de xaneiro, poderase ver no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)unha magnífica exposición acerca da represión e da resistencia durante a ditadura franquista. A través de fotografías, publicacións, cartas, e material audiovisual, esta exposición fai un percorrido histórico por tódalas fases da loita política e social no noso país: dende o traballo dos galeguistas na república, até a resistencia da UPG nos anos 60-70, pasando pola loita guerrilleira na posguerra, ou pola labor cultural dos homes de Galaxia.
Esta mostra está organizada pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza, e pola fundación "2006: ano da memoria", contando coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria, polo Concello de Santiago, e polo Xacobeo.
Etiquetas: Un pouco de todo
O día 31 de xullo recibimos a nova de a que Fidel Castro, máximo mandatario de Cuba, tívoselle que lle realizar unha operación de urxencia por un problema intestinal. Ante a gravidade da intervención, o Comandante delegou por primeira vez tódolos seus podres. O beneficiario foi o seu irmán, Raúl Castro, un dos homes máis fortes do goberno, que xa ostentaba os cargos de Ministro de Defensa, Vicepresidente da República, e Vicesecretario do Partido Comunista de Cuba. Esta foi a primeira vez que o seu irmán abandonaba o poder dende o triunfo revolucionario de 1959. Ante este feito histórico, reabriuse o debate acerca da sucesión de Fidel Castro, tema do que xa fai tempo que se fala na illa; sobre todo despois do desmaio sufrido polo comandante no 2001, e a súa grave caída no 2004.
Como é habitual nestes casos, non hai unha única postura. Mentres que algúns sosteñen que será substituído por un Raúl Castro que mantería inamovíbel o réxime apoiándose nas forzas armadas; outros defenden que a sucesión non será personalista, se non que recaería en organizacións colectivas coma o Partido Comunista. O que está claro é que ningunha destas opcións encaixan cos plans que EEUU e os exiliados de Miami teñen para a illa. Baixo unhas ansias “democratizadoras”, pretenden recuperar o poder que perderon coa Revolución. Pero a inexistencia dun forte movemento de oposición na illa, e a mentalidade antiamericana da maior parte do pobo cubano, dificultarán este proceso.
Pero mentres Fidel Castro continúe con vida, non haberá sucesión. O mundo enteiro está pendente de cada nota que o comandante envía asinada a puño e letra. A pesar de todo, por razóns de seguridade, o goberno cubano decidiu manter o estado de saúde do presidente en segredo...polo que a incerteza é absoluta.
Etiquetas: América Latina
