Embaixadas ardento, conflictos diplomáticos, tiroteos, mortos...e todo por uns debuxos. ¿Non vos parece o colmo da irracionalidade, que en pleno século XXI, a tradición e o fanatismo relixioso estean tan arraigados nas nosas sociedades? En fin, aquí tendes os malditos debuxos, xulgade por vos mesmos.
Etiquetas: Liberdade de expresión
Bush aumenta os orzamentos militares en detrimento dos programas sociais.
3 Voces ceibes Falou Xan Guindán ás 16:29O presidente "electo" dos EEUU, George W. Bush, anunciou unha clara subida dos gastos militares nos orzamentos do próximo ano. Pola contra, o diñeiro destinado a campañas educativas, ao seguro médico gratuito para anciáns e discapacitados verase considerabelmente disminuido. "O meu Goberno focalizou os recursos nacionais na nosa máxima prioridade: a protección dos cidadáns e do noso territorio", xustificouse Bush.
Este o "American way of life" que nos están a vender. Un estado no que os gobernos están ao servizo da industria armamentísticas e petrolífera, onde se lexisla en contra de anciáns e discapacitados, e onde unha opinión pública inquisidora te pode tachar de herexe dicindo que es un antipatriota. Pero como din os da NRA, VOTE FREEDONM FIRST
Etiquetas: EUA